Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

CELEBRANDO O DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

 


Rapazada, aquí vos deixamos algunhas fotos e vídeos da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz:











Agradecémoslle a Covadonga, a profe de música, a súa axuda para poder cantar todas xuntas esta fermosa canción da paz 


Dia da muller



Este 8 de marzo de 2024 celebramos, como cada ano, o Día Internacional da Muller, o lema proposto polas Nación Unidas e  “Invertir nas mulleres, acelerar o proceso”.

Como cada curso, en Biblioponte fixemos unha selección de libros e contos que están á vosa disposición na biblioteca.






 Tamén vos deixamos o enlace á páxuna das NACIÓNS UNIDAS  por se desexades profundizar máis na elección do lema proposto para este ano.

SEMANA DA PRENSA

MARZO, SEMANA DA PRENSA

Dende BIBLIOPONTE queremos achegarvos algúns recursos para traballar a semana da prensa:

- Na entradas do cole poderedes ler e observar prensa de distintos partes do mundo.

- ENLACE para ler xornais de toda Europa:



- Se queredes aprender sobre a orixe da prensa, onde se publicou o primer xornal, etc Aquí tedes este interesante recurso de edu.xunta.gal


Tamén vos deixamos otros recursos que atopamos na rede para traballar sobre a noticia. Que é unha noticia, que partes ten? como se escribe unha noticia?




Finalmente, para aqueles que desexedes convertirvos en xornalistas, aquí vos deixamos un modelo de xornal (galego e castelán). Se vos animades crearemos coas novas que nos enviedes un pequeno xornal.






Ánimo e a escribir!!!



CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA 23/24

  Este venres, 23 de febreiro, celebramos o día de ROSALÍA, 







Durante toda a semana, nas aulas, lemos a Rosalía, cantamos con ela e debuxamos algúns dos seus poemas en viñetas. 

Aquí podedes ver que ben o pasamos.

As alumnas e alumnos de 4º de EI homenaxearon a Rosalía con este fermoso mural.



O alumnado de 6º de EI  fixo a súa propia interpretación de Rosalía. Que ben lles quedou!!!












O alumnado de 3ºB elaborou un pequeno resumo sobre a biografía de Rosalía e despois fixo un fermoso traballo artístico sobre Rosalía e a natureza.


Con esta proposta as alumnas e alumnos puxéronse na pel de Rosalía. Despois de recortar a súa silueta, sairon ao patio  buscando imaxes da natureza, como faría a pequena Rosalía cando  vivía na aldea de Ortoño:  O entorno natural e rural tan presente na súa obra.


Finalmente,  realizaron tamén un traballo chamado ROSALÍA EN BRANCO E NEGRO, inspirado  no claros e escuros que marca tanto a obra como a vida de Rosalía. A luz de ser muller e escritora  pero tamén a tristeza das inxustizas da época que lle tocou vivir.
Con esta idea, ao alumnado de 3ºB e a aula TEA traballaron o poema NEGRA SOMBRA  e fixo a súa versión gráfica.




As alumnas e alumnos de 3ºA tamém traballaron sobrre a vida e obra de Rosalía:















As alumnas e alumnos de 4º ilustraron en viñetas o poema de Risalía "Miña casiña meu lar"


alumnado de 6ºA   celebrou a Rosalía recitando algúns dos seus poemas:


O venres, 23 de Febreiro, xuntámosnos para defrutar todas xuntas da dramatización de " A miña casiña meu lar", interpretar a Alborada e degustar o Caldo de Gloria. 



Moitas grazas a todas e todos por celebrar con nós o día de Rosalía!!!





23 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA 23/24

 Este venres 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Coma todos os anos BIBLIOPONTE quere celebrar con vós este día tan especial, no que homenaxeamos a unha das nosas escritoras máis queridas.

Na  biblioteca do centro podedes atopar unha selección de libros sobre Rosalía:



Tamén podemos atopar recursos na Internet:









PROPOSTA DE TRABALLO: ROSALÍA EN VIÑETAS

- Inspirándonos no lema das BIBLIOTECAS ESCOLARES  deste ano, cada titoría escollará un poema de Rosalía de Castro para recitar e ilustrar nunha tira de viñetas. 

O día 23 DE FEBREIRO :
  • Faremos un recital cos poemas elexidos .
  • Interpretaremos todas xuntas a ALBORADA de Rosalía.
  • As alumnas e alumnos de 4º representarán para nós o poema "MIÑA CASIÑA MEU LAR"
  • E, finalmente desfrutaremos dese CALDIÑO DE GLORIA  que tan ben nos senta!

FELIA DÍA DE ROSALÍA!!!!!













CHEGOU O ENTROIDO!!!



Moitas grazas a todas e todos por participar na festa de Entroido en Viñetas. 
Sodes xeniais!!!



30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 

Como cada 30 de xaneiro, imos celebrar no colexio O Día Escolar da Non Violencia e a Paz,. Como sempre, a nosa biblioteca, defensora da paz e o entendemento entre persoas quere propoñervos uns retos para reflexionar sobre o concepto de PAZ  e, como non, para aprender, xogar, bailar e desfrutar todas e todos xuntos desta celebración.

 Os obxectivos desta actividade son:                      

-Saber localizar a información, aprendendo a manexar os distintos tipos de fontes
informativas tanto virtuais, hipermedia ou físicas.

- Favorecer e divulgar a cultura da paz e non violencia.

- Construir coñecemento a través dunha actividade inclusiva e cooperativa.

En primeiro lugar, propoñémos unha seleción de   RECURSOS para traballar o tema nas aulas:

Contos: 



  




 








Videos:  AULA ESPECÏFICA,  EI e 1º ciclo








Videos: EP
 

         





Xogos:

 XOGO DA OCA ( Unicef) https://view.genial.ly/6555430e9b622e00117d56f6/interactive-content-21-xogo-da-oca

Enlaces:

(Personaxes que loitaron pola PAZ)

https://saposyprincesas.elmundo.es/consejos/educacion-en-casa/personajes-lucharon-por-la-paz/

https://www.mcnbiografias.com/app-bio/do/show?key=mandela-nelson-rolihalahla-dalibhunga

A continuación, presentamosvos os retos propostos:

Educación infantil:  

-Cada aula de EI recibirá unha peza de puzzle por alumna/o que deberán decorar e formar entre todas/os o símbolo da PAZ.

- Agasalla a unha compañeira ou compañeiro cunha palabra amable e unha aperta.

1º Ciclo:

-As alumnas e alumnos do primeiro ciclo buscarán pedras de distitos tamaños polo patio que deberán pintar e decorar. Todos xuntos contruirán  un símbolo da paz na zona designada.

-- Agasalla a unha compañeira ou compañeiro cunha palabra amable e unha aperta.

2º e 3º Ciclo:

- Utiliza distitos medios e recursos para atopar a resposta as seguintes preguntas

  • Cando se celebra o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e por que?
  • Cal é o obxectivo da celebración do día da paz na escola?
  • Quen recibiu o premio Nobel da Paz 2023 e por que?
- Traballade xuntas/os para buscar información sobre persoas que traballaron en prol da paz, elexide unha e elaborade un poster para expoñer na bibioteca. Aquí vos deixo algunhas ideas: Mahatma Gandhi, Martin Luther King, Malala, Nelson Mandela, Rigoberta Menchú Tum,...

-Dixeña un marcapáxinas pola Paz para agasallar aunha compañeira ou compañeiro o día 30 de Xaneiro.

- Pensa 5 palabras ou frases agradables que dicirlla a unha compañeira/o

- Axudanos a celebrar o día da PAZ na Escola aprendendo e bailando " A peor xogada" de A música das baleas.
 

 A paz  construímola entre todas e todos, eduquemos para a paz.