Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

Lecturas para namorar

Aproveitando o día de San Valentín, día dos namorados e para incrementar as nosas capacidades lectoras a través da poesía, alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo, len na biblioteca, unha selección de poemas de amor de autores galegos. Tamén elaboramos unha guía de libros que tratan sobre o amor.

Día da paz

“Non hai camiños para a paz, a paz é o camino” (Gandhi)

No día escolar pola paz e a non violencia aproveitamos para avanzar na educación en valores, visualizamos dous libros: “Wangari e as árbores da paz: unha historia verdadeira” de Jeannete Winte e “Me llamo paz” de Anna Obiols. Os nenos e nenas do terceiro ciclo len ante toda a comunidade educativa un manifesto pola paz e poemas escritos por eles mesmos.


Contacontos

O día 19 de xaneiro o alumnado do primeiro ciclo de pimaria, disfrutou dun marabilloso espectáculo de contos musicados a cargo de Patricia e Álex; asombrando aos pequenos e pequenas coa súa capacidade de narrar historias, acompañadas por instrumentos propios do noso folklore galego, co obxectivo de buscar, nos escolares, un acercamento aos libros e á música tradicional.

Contos do mundo

Campaña de sensibilización e educación cultural na que a dinamizadora, María José, filla de cooperantes, dá a coñecer ás nenas e nenos do noso colexio, a través de contos, a realidade de países que viven en condicións desfavorables, ao mesmo tempo que se fomenta o coñecemento doutras culturas, para erradicar futuros comportamentos racistas ou xenófobos.