Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

O SAMAÍN

Comenzamos cun vídeo elaborado polo equipo de biblioteca do colexio "Mestres Goldar", coa canción  "O Samaín do grupo "Mamá cabra".


24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A nosa mascota "Bibliótico", repartiu puntos de lectura para todo o alumnado, despois da sesión de Kamishibai



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. Para celebralo organizamos unha semana de contacontos  coa técnica do Kamishibai (teatrillo xaponés). O alumnado do terceiro ciclo será o encargado de levar a cabo esta actividade  que se celebrará na biblioteca,  todos os recreos e para o resto do alumnado.


Tamén se fará lectura do fermoso texto que escribiu Agustín Fernández Paz sobre as Bibliotecas escolares
"...Onde hai unha biblioteca hai unha luz que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incoroporan ás súas vidas..."
Co texto completo elaboramos unha guía para repartir á comunidade educativa.

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN

Co lema "BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN"  e ilustrado por Andrés Meixide, preséntase o cartel que para este curso 2012-2013, edita a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do día das bibliotecas escolares, o 24 de 0utubro.






LER PARA MEDRAR


Un ano máis as BIBLIOMALETAS inician a súa traxectoria por todas as familias dos nosos alumnos e alumnas de Educación Infantil. Son unha inviataciòn para disfrutar dos libros en compañía da familia,  compartindo os sentimentos e as emocións que producen as distintas lecturas nos diversos soportes que propoñemos.




MOCHILAS VIAXEIRAS

Co alumnado de primaria empezan a funcionar tamén as Mochilas Viaxeiras ,  para disfrutar, ao igual que as Bibliomaletas, dos libros en compañía da familia . É intención destas actividades conseguir os obxectivos de: 

Concienciar ás familias do importante papel que desempeñan no fomento da lectura.
Coñecer e disfrutar dos diferentes tipos de lecturas.
Descubrir "outros xeitos de ler" na linguaxe da música e dos audiovisuais.
Fomentar o hábito lector no alumnado do centro.