Blog da Biblioteca do C.E.I.P. A Ponte de Lugo

GUÍA DE LECTURA NADAL 2017

Neste tempo de Nadal desexámosvos unhas boas festas e felices lecturas!
Aquí van algunhas recomendacións lectoras.


PANXOLIÑAS, TEATRO E DANZA POLO NADAL

O APALPADOR

Moito antes de que Papá Noel viñese importado de outras latitudes, en Galicia tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Máis nestes tempos de présa e de consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.
Dende a nosa biblioteca estamos a divulgar a súa figura

CONTACONTOS: A HISTORIA DO APALPADOR

Ana e Yaiza contan aos máis pequeniños o conto do Apalpador





O CICLO DA AUGA

O CICLO DA AUGA foi o tema escollido para traballar e investigar sobre a auga para a elaboración do calendario do Colectivo estiño, onde participamos un total de vinte centros escolares. Ao noso cole tocoulle traballar sobre as TERMAS.
Os traballos de investigación escritos  así como os plásticos serán recollidos na revista MIUZALLAS.
Este é o resultado plático